Ir arriba
Revista Liceo Franciscano
Búsqueda de artigos

Política editorial

Desde a súa creación, en 1948, o Liceo Franciscano. Revista de estudos e investigación ten como obxectivo debater, promocionar a investigación e divulgar os estudos centrados nas ciencias humanas e relixiosas. En definitiva, seguir o camiño marcado polo franciscanismo, que como apuntaba Willibrord-Christian Van Dijk, caracterizouse por defender unha "sociedade aberta, que non se aliñaba incondicionalmente, senón que buscaba instintivamente, por así dicilo, os puntos dunha posible evolución e, por tanto, os puntos dunha posta en dúbida inmediata" e unha fonte dun "non-conformismo provocador" que "nega a dar o primado ás causas materiais para explicar os fenómenos humanos". Esta finalidade crítica e non conformista son os cimentos baixo os que se sustentará a Terceira Época do Liceo Franciscano, para poder comprender, non aínda que en toda a súa extensión, a complexidade da natureza humana.

A revista está editada pola Editorial O Eco Franciscano do Convento de San Francisco de Santiago. Un centro que sempre quixo realizar, e quere seguir facéndoo, unha achega significativa ao desenvolvemento da cultura humana e relixiosa, ademais de tentar converterse nunha ponte entre o franciscanismo e a sociedade. Por tanto, convidamos a publicar estudos ou investigacións sobre: teoloxía fundamental e dogmática, teoloxía moral e espiritual, patrología, estudos sobre as sacras escrituras, filosofía e ciencia das relixións, historia, arte, ciencias da educación (pedagoxía das ciencias sociais e da relixión), ciencias xurídicas (dereito canónico), e que se realicen desde un enfoque aberto, renovador e interdisciplinar.

Willibrord-Christian VAN DIJK, OFMCap: "El franciscanismo, contestación permanente en la Iglesia"
Selecciones de Franciscanismo, vol. I, núm. 3 (1972) 31-45

Para o envío de orixinais consultar as Normas para autores e colaboradores pulsando aquí.

Examinar revistas

Depósito Legal: C755-2003
ISSN: 0211-4011
e-ISSN: 2530-917X
CIRC: C

Visitar web
Editorial Eco Franciscano
Provincia Franciscana de Santiago

LICEO FRANCISCANO

Somos unha revista de estudos e investigación, de carácter semestral e fundada en 1930, cuxo obxectivo principal é divulgar investigacións no ámbito das ciencias humanas e relixiosas.

CONTACTO

  • Campillo de San Francisco, 3 - 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Teléfono: (+34) 981 58 16 00 extensión 375
  • E-mail: contacto@liceofranciscano.es

Copyright © 2017 Liceo Franciscano - Todos os dereitos reservados | Privado - Política de protección de datos - Cookies  //  Web realizada por Ikono.es

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.